Fundación MAPFRE
Un dos principais obxectivos de
Formando Comunidade é fomentar a educación integral en contornas desfavorecidas.
Consideramos a educación integral como aqueles procesos que unha persoa debe
ter cubertos para poder desenvolverse plenamente en todos os contextos e
situacións da vida, sexa cal for a súa situación. A inclusión educativa
pretende ademais facilitar o acceso á educación de todas as persoas
independentemente da súa condición social, etnia, orixe, procedencia ou
capacidades.
Para traballar a inclusión
educativa a Organización de Estados Iberoamericanos (OEI) deseñou unhas guías
destinadas a que os docentes traballen con aqueles alumnos que teñen máis
dificultades para aprender co fin de que atopen os medios e os apoios
necesarios para logralo. Fundación MAPFRE pon este material de gran calidade ao
seu alcance co obxectivo de que a Educación Inclusiva sexa unha realidade para
os todos os nenos e novos, sobre todo os que contan con algún tipo de
dificultade ou discapacidade.
A educación inclusiva aposta pola
participación, o apoio aos que teñen máis dificultades de aprendizaxe, o
recoñecemento dos grupos minoritarios ou as altas expectativas ante as
posibilidades futuras de todos os alumnos, sexan cales sexan as súas aptitudes.
Fonte: Colegio San Vicente de Paúl
Fonte: Colegio San Vicente de Paúl